AULA MENTOR

 

1. Información xeral.

2. Organización.

3. Contacto coa Aula Mentor de Ourense.

4. Matrícula.

 

1. Información xeral.
 

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) do Ministerio de Educación e Ciencia, poñen en marcha unha ampla oferta de cursos mediante o uso das últimas tecnoloxías informáticas e audiovisuais (internet).

A oferta formativa facilita a oportunidade de actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica. Son ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet.

Infórmate dos cursos: [Prema aquí]

 
2. Organización.
 
  • Formación aberta, libre e a distancia a través da internet.
  • Empeza cando queiras e fai os cursos onde queiras e como queiras.
  • Máis de 100 cursos.
  • Matrícula aberta permanentemente.
  • Certificado de aproveitamento emitido pola Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
 
3. Contacto coa Aula Mentor de Ourense.
 
O e-mail da Aula Mentor de Ourense es: aoum0000@sauce.pntic.mec.es
 
4. Matrícula.

4.1. Solicitude matrícula.
4.2. Instrucións e requisitos de matrícula.
4.3. Instrucións de iniciación dun curso de Mentor.
4.4. Utilización do correo web do Mentor.